SCQ: 981 592 912 - CEE: 981 706 438
·
astreaavogadas@astreaavogadas.gal
·
Lun - Ven 09:00-17:00
SCQ: 981 592 912 - CEE: 981 706 438
·
astreaavogadas@astreaavogadas.gal
·
Lun - Ven 09:00-17:00
Axudámoste?

SERVIZOS XURÍDICOS

MEDIACIÓN

Mediamos entre as partes e axudamos a

que estas acaden un acordo satisfactorio

nos distintos eidos do dereito.

DEREITO LABORAL

Asesoramos en materia das relacións

laborais e asuntos empresariais dende

a experiencia e o máximo rigor.

DEREITO FAMILIAR

Defendemos os dereitos e intereses

que poden afectar aos distintos membros

da familia, especialmente da infancia.

DEREITO PENAL

Prestamos asistencia letrada as persoas

investigadas e/ou vítimas dun delito,

facendo especial fincapé na protección

dos seus dereitos e liberdades.

DEREITO CIVIL

Procuramos as mellores solucións

aos conflitos relativos ao dereito civil

galego e ao común.

 

O DESPACHO


Fundado no ano 2001, Astrea Avogadas é un despacho colectivo dirixido e integrado por mulleres que presta servizo e asesoría xurídica en multiples eidos como o familiar, o penal, o civil e o laboral.

A resolución de conflictos é outro dos nosos pilares, dispoñemos de profesionais mediadoras legalmente habilitadas, porque sabemos do poder dos coñecementos e temos as habilidades para intenvir nas situacións máis complicadas e dolorosas dos distintos enfrentamentos xurídicos. Por iso, facer fincapé na mediación como vía alternativa ou previa á xudicial convírtese, na maioría dos casos, na ferramenta e solución máis efectiva e satistactoria .

Con todo, Astrea Avogadas fai da férrea defensa dos intereses dos nos@s representad@s a súa seña de identidade, apostando por unha perspectiva integral, coidando no detalle a túa atención personalizada e dando respostas atinadas e particulares nun panorama xurídico cada vez mais especializado.

Avaladas con máis de 20 anos de experiencia profesional, contamos cun equipo humano cheo de talento, capacidade e pasión polo traballo ben feito sendo, ademáis, colaboradoras no só no eido do dereito, senón tamén noutras áreas como a enxeñería, a procura, a economía ou a arquitectura. Alianzas con outros profesionais especializados que axudan a establecer solucións e dar respostas transversais ás cuestións cada vez máis complexas presentes no contexto actual.
O EQUIPO DE

AVOGADAS

Belén Santamaría Domínguez

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela
———————————————-
Máster en Avogacía, pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela
———————————————-
Especialista en dereito de Sucesións de Galicia
———————————————-
Letrada en exercicio desde 1997
———————————————-
Responsable das áreas de dereito familiar e sucesorio; e de dereito penal
———————————————-
Mediadora penal intra xudicial e familiar

Mónica Iglesias Rios

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela
———————————————-
Letrada en exercicio desde o 2000
———————————————-
Mediadora Civil e Familiar desde o 2008
———————————————-
Especialista en violencia de xénero
———————————————-
Responsable das áreas de familia, dereito civil e bancario

Algunha das nosas

ÁREAS DE TRABALLO

Mediación e Arbitraxe

A mediación faise a ferramenta máis eficaz, efectiva, rentable e satisfactoria para a resolución de multitude de conflictos.

Bancario

Os bancos teñen abusado dos clientes/consumidores, é posible que lle abonases dun ou doutro xeito máis do que correspondería legalmente, explicámoscho e reclamámolo.

Dereito societario

Constitucións, fusións, extincións, celebracións de xuntas, Lei segunda oportunidade, refinanciamento de débedas cas entidades bancarias, etc...

Seguros

Pagar un seguro a que da dereito?, qué pasa si tíveche un sinistro e non se queren facer cargo? Reclamamos e xestionamos as indemnizacións as cias aseguradoras. Especialidade en sinistros, trafico, transportes, marítimo, incendios...

Laboral e seguridade social

Sexas traballador ou empresa dámosche asesoramento en cada paso laboral, explicándocho de xeito claro e sinxelo e acompañándote nas xestións correspondentes.

Contractual inmobiliario

Mercar unha vivenda é a maior inversión que moitas persoas fan na súa vida e cuxo custe abonan durante anos. Por eso é especialmente importante supervisar a escritura de compravenda e ter un asesoramento integral en canto a situación urbanística, rexistral, e as repercusións fiscais da operación.

Reclamacións débedas

Que facer si non che pagan as facturas, que se pode reclamar? Hai fórmulas sen case custes? Axudámosche contra deudores e morosos.

Prestacións da Seguridade Social

Xubilacións, incapacidades, cotizacións, desempleo.... Axudámosche coa tramitación e xestión das solicitudes na Seguridade Social.

Responsabilidade Civil

O que por acción ou omisión causa dano a outro, por culpa ou neglixencia, está obrigado a reparar o dano causado. Expón o teu caso e exerce os teus dereitos con todas as garantías.

FALAMOS?

Poñemos a túa disposición unha primeira consulta gratuita e sen compromiso, onde poderás aclarar calquera cuestión coas nosas profesionais.

 

Santiago de Compostela: 981 592 912 - Cee: 981 706 438

astreaavogadas@astreaavogadas.gal
·   Lun – Ven 09:00-17:00